A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Creando Rural’ como iniciativa de animación para 2018-2019. O proxecto busca divulgar dun xeito diferente e creativo coñecementos vinculados ao desenvolvemento sostible do rural, á vez que se da a coñecer a Medida Leader.

A través dun concurso escolar participativo, implícase a un novo colectivo do territorio: os nenos e nenas da contorna, que traballarán nas aulas con unidades didácticas adaptadas ao seu nivel educativo e presentarán a concurso proxectos relacionados coa Medida Leader e o territorio rural.

Entra aquí para acceder ás bases do

concurso ‘Creando Rural’.

Se queres participar enviando o teu proxecto non esquezas inscribirte antes pinchando aquí.

Bota un ollo aos marabillosos premios
que pode gañar cada aula.

k

Unidades didácticas

Entra e descarga a documentación para traballar na aula co alumnado de educación infantil. Trátase de unidades didácticas moi visuais adaptadas para que os máis cativos e cativas aprendan os conceptos xerais da temática e desfruten coas actividades propostas.

As unidades didácticas para o alumnado de educación primaria foron elaboradas de forma esquemática e sintética, integrando contidos teóricos con elementos visuais que permiten ao profesorado axustar os contidos e traballar segundo as necesidades de cada clase.

The gallery